Friday, March 02, 2007

Congreso Nacional de EGN

NOVA IMAXE
Esquerda Galega Nacionalista presenta o seu Congreso Nacional
* O Medio Ambiente conquire máis presenza
* Permanece a busca de autodeterminación e Galiza Nación
* Busca o desenvolvemento económico e social de Galiza
* Nova web: http://www.egn-galiza.tk

ENXEBRE·REDACCIÓN

Xiana Docampo e a Executiva Nacional de Esquerda Galega Nacionalista presentaron o último Congreso Nacional do partido. Despois de este acto, o partido sae reforzado, cunha imaxe nova, cohesionada e comprometida con Galiza e os galegos.

Un dos aspectos que máis chamou a atención foi a importancia que gañou o medio ambiente nas preocupacións do partido nacionalista galego. Até o dagora era unha liña de actuación máis, pero a partires de xa converterase nun dos problemas inherentes principais de Galiza. Non é casualidade. O nacionalismo de ámor á terra tiña que chegar a unha conclusión deste tipo, sobre todo tendo en conta as características propias do país galego.

O cambio de imaxe, que perde a estrela vermella, foi criticado por algún integrante dos ámbitos máis radicais do nacionalismo galego, porque podería significar perda de valores da esquerda. Porén non é así. Galiza é un país de traballadores, e como tal, o esquerdismo ten que ser unha bandeira que nos faga comprometernos cos galegos.

O comezo do discurso central da Voceira Nacional foi referido a Galiza como nación. É algo innegociable, pois é evidente que Galiza ten características propias dunha nación, con personalidade e capacidade propias. Non se trata dun invento arbitrario nin moito menos. Galiza enténdese a sí mesma coma un constructo autónomo. I é por iso polo que é xusto esixir o dereito de autodeterminación. EGN non renunciará a este estremo, por razóns obvias.

O que si é necesario é chegar a un nivel de desenvolvimento admisible para a Galiza do século XXI. Inda queda moito por traballar neste senso, pero será o máis proveitoso. A sanidade, a educación, o sector primario, a cultura... son campos con grandes posibilidades que inda non están explotadas todo o que poderían.


EGN na rede de redes

Ademais, a Executiva Nacional de Esquerda Galega Nacionalista aproveitou a ocasión que lle prestaba o Congreso Nacional para presentar a súa web. http://www.egn-galiza.tk xa está dispoñible pra recibir as visitas dos navegantes de internet.

Wednesday, February 07, 2007

Limiar

Este será ENXEBRE, o medio de comunicación oficial de partido da Esquerda Galega Nacionalista.

(Isto é un simulador...)